domingo, 23 de marzo de 2008

A novela hipertextual do momento

http://mundocadaver.livejournal.com/ "Apocalipsis Zombie" de Manuel Loureiro, é unha novela na internet que está pegando ben forte na sociedade da información. O argumento pode ser o do libro "I am a legend" de Richard Burton Matheson, unha plaga remata coa humanidade e só queda un home coa súa mascota que narra en primeira persona o que ve , o que sinte e o que reflexiona sobre a fin do mundo.
O realmente importante é que é una narración dada en entregas ou "entradas" na que a xente constituíu un foro ad hoc para comentar cada entrega da novela, e que ademáis o impacto mediático no blogomundo supera con creces outras manifestacións literarias na rede (23.000 entradas en Google). Pensemos que a maioría das temáticas nos blogs son de opinión, actualidade e furtiva poesía porque é ben certo que si a poesía é algo fácil de facer e escribir cando tes sentimentos a opinión é coma o cú, todo o mundo ten un; e a actualidade pois cóllenos perto... pero no caso da narrativa, é algo moi pouco explotado que ben pode pasar a ser parte do protocolo diario matutino no computador: ver o correo, ver as noticias das portadas do periódicos e ler a nova entrada de "Apocalipsis Zombie" para comezar ben o día.

Ésta é a verdadeira esencia da narrativa hipertextual de formato: curta, en internet e que se vai adaptando ao gusto dos lectores.

2 comentarios:

JRV dijo...

Non me queda claro se Apocalipsis Zombie é unha novela por fascículos, en entregas dixitais, ou é unha verdadeira narración hipertextual.

Neste senso, no enlace web que incorporas ao livejournal do autor, non vin ónde pode o lector incorporar as súas aportacións ao texto, ónde o pode transformar e alterar.

E, sobre todo, existe na bitácora do autor unha liña de texto, á dereita, que violenta dende o meu punto de vista unha das características básicas do hipertexto. É un enlace no que podemos ler:

"CAPITULO PRIMERO DE LA HISTORIA (Para los nuevos lectores, solo teneis que seguir el orden cronológico desde éste en adelante)"


"Sólo teneis que seguir el orden cronológico" cando nun relato hipertextual non debería existir orde ningunha.

oscarhipertext dijo...

Xa comentaba noutra entrada a historia do meu bisabó que, cando aínda non existía Internet, contaba historias aos cativos. Pois aquelas tardes de contacontos permitían aos cativos comentar as historias inacabados do vello. Sempre deixaba a historia a medio rematar para que voltaramos ao día seguinte a escoitar a seguinte parte. Pero ata que chegaba a hora, nós, que eramos uns cativos desde os cinco aos 12 anos, discurríamos as posibles continuacións da historia. E ao día seguinte, o conto continuaba despois de que nós faciamos preguntas ao contactontos e que el só contestaba a medias. E despois seguía.
É semellante. Unha historia que provoca expectación e continuacións no maxín de cada un. Incluso falabamos das posibilidades da historia. Era un hipertexto? Seguro. O vello facía caso das preguntas para seguir ou non coa súa historia. Porque eran historias inventadas no momento e el, ás veces, collía elementos das preguntas dos cativos para montar a continuación.